miércoles, 6 de febrero de 2013

Cedeira Queda menos

Xa queda menos, e vamos vendo a repercusión que vamos xenerando incluso fora de Galicia, dous Blog de noticias de Enduro como befurious e leonenduro, fanse eco do noso paso adiante na creación de eventos.

Vamos aclarar temas moitos preguntades polos dorsais, nos proporcionamos os dorsais en todas as carreiras, outra cousa e que alguén queira personalizar a sua moto co dorsal que lle adxudicamos na liga.

Tempos, despois de calculo de tempos quedan mais ou menos así para todas categorías menos Elite, o tempo para a carreira será dunhas 4 horas 40 minutos, e para os de Elite de unhas 5 horas 20 minutos, arriba abaixo. Desde a saída o primeiro CH teredes 1 hora 30 minutos, despois baixaremos este tempo a 1 hora 25 minutos. Nos primeiros km hai catro cruces e fanse por asfalto, así que prudencia sempre, nos tempos están calculados para que en cada volta vos queden uns 10 minutos para asistencia, as cronos deberanvos levar entre 4 e 5 minutos.

Estamos vendo que pregunta axente por aloxamentos en Cedeira e recomendamos o hostal Chelsea, ven de prezo e dispón de apartamentos que se poden compartir.

Se queredes adiantar as verificacións administrativas mandade a liga copia da vosa documentación ou encher este formulario.

Cartel definitivo da Prueba de Cedeira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario