miércoles, 16 de enero de 2013

Seguimos Sumando

Seguimos sumando apoios en todos os sitios onde podemos, como veredes no lateral temos mais patrocinadores na nosa causa, aínda que sexa pouco sempre e benvido. Unha cousa que estades a preguntar moito e polo tema do seguro, o seguro do ANPA é un seguro que vos cobre dos vosos danos cando ides na moto, os danos a terceiros cobre o seguro que tedes da moto obrigatorio. Se alguén quere que se lle tramite o seguro, podémolo facer nos, e ademais contribuídes o financiamento da liga posto que nos reporta unha pequena comisión, é un acordo que ten o ANPA cos que lles sirvan de intermediarios. Xa temos numero de conta eliximos un banco que non cobra comisións por se alguén quere ir por ventá e non pase como en outras entidades que por ingresar lles cobran, o noso banco é Santander e numero de conta é 0049 1788 25 2490025071, se necesitades o IBAN para facer ingresos dende o estranxeiro, solicitádeo e enviámosvolo polo email. Xa actualizamos a lista de inscritos, cos primeiros que xa efectuaron o seu pago, agora porémonos en contacto con vos para axilizar as verificacións o dia da carreira en Cedeira, e non ter que estar a esperar. Cando teñamos claro os dorsais tamén volo faremos saber e notificaremos por email a todos co seu dorsal.


1 comentario:

  1. Os lo estais currando muy muchoooo..., seguir así que este es el camino para crear un gran campeonato.
    Un saludo.

    ResponderEliminar