jueves, 27 de diciembre de 2012

Empezamos no 2013

Iniciamos dende este espacio WEB un proxecto onde se esta a implicar toda a xente que lle gusta o Enduro en Galicia, as nosas razóns son varias e distintas, pero basicamente a de todos e a mesma disfrutar de novo das sensacións de competición ou algo que se lle pareza.

A LGMC (Liga Galega da Moto de Campo) nace coma unha proposta deportivo - turística reclamada polos aficionados que non podendo disputar un campionato longo, complicado e caro, reclamaban o poder facer carreiras soltas sen ter que estar federados nin ter que seguir ningún campionato. Esta iniciativa encadrase dentro da competición non oficial, interprovincial e non federada de acordo coa actual normativa galega de deportes.

Polo cal poderá haber probas nas 4 provincias da nosa xeografía para que o afeccionado poda participar na que mais preto da súa localidade lle quede co cal pode introducirse no mundo sen alto custo económico o realizarse a proba a 1 solo dia.

Podedes seguir tamén as evolucións sobre este tema no foro de EnduroGalicia.

Aquí encontraredes información puntual que vaia xurdindo sobre as probas que disputaremos como e cando.

Se queredes solicitarnos mais información ou poñervos en contacto con nos a nosa dirección de email e lgdamcampo@gmail.com.